Saltar al contenido

Agregador de Contenidos Agregador de Contenidos

Agregador de Contenidos Agregador de Contenidos

EXAMES DO NIVEL C1
(CERTIFICADO DE NIVEL C1)

Nota importante: O Nivel C1 pode cursarse como alumna/alumno oficial ou ben realizar o exame como alumna/alumno libre. En ambos os dous casos o certificado que se acada é o do Nivel C1. O alumnado oficial ten a posibilidade de dúas convocatorias de exame; o alumnado libre examínase nunha única convocatoria. Se lle cómpre máis información sobre esta certificación, pode consultar este mesmo apartado ou os correspondentes a Nivel C1, Programación, Libros e Probas de certificación.

Agregador de Contenidos Agregador de Contenidos

  • O Nivel C1 ten como referencia o Nivel C1 do Marco europeo común de referencia para as linguas e supón a capacidade de empregar o idioma con flexibilidade, eficacia e precisión para participar en calquera tipo de situacións, nos ámbitos persoal, público, académico e profesional, que requiran comprender, producir e procesar textos orais e escritos, extensos e complexos, en diversas variedades estándar da lingua, cun repertorio léxico amplo, e que versen sobre temas tanto abstractos coma concretos. mesmo naqueles cos que o falante non estea familiarizado.
  • A avaliación final levarase a cabo mediante unhas probas comúns para todos os grupos, que serán corrixidas por un tribunal de dous profesores.

  • O exame consta de catro partes -comprensión de lectura, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral-, valoradas cun máximo de 25 puntos cada unha. Non existe ningunha proba de carácter eliminatorio.

  • Os alumnos oficiais teñen dúas convocatorias de exame.

  • Os alumnos libres só teñen unha convocatoria de exame.
  • A cualificación do exame será APTO cando:
    1. A/O alumna/o obteña unha cualificación de 15 ou máis puntos en cada unha das catro partes das que se compón a proba.
    2. A/O alumna/o obteña unha cualificación de 13 ou 14 puntos nun máximo de dúas partes e a suma das cualificacións das catro partes acade os 60 puntos.

    Neste caso, manterase a cualificación numérica obtida nas destrezas e consignarase a cualificación cualitativa de “APTO”.