Saltar al contenido

Agregador de Contenidos Agregador de Contenidos

Agregador de Contenidos Agregador de Contenidos

NIVEL AVANZADO
(CERTIFICADO DE NIVEL AVANZADO)

Nota importante: O Nivel Avanzado artéllase en dous cursos académicos: Nivel Avanzado 1 e mais Nivel Avanzado 2. O primeiro deles só se pode cursar por oficial e non conta con probas de exame libres. O Nivel Avanzado 2 pódese cursar por oficial e atinxirr, se se supera o exame final, o Certificado de Nivel Avanzado (B2), ou pode accederse ao exame por libre. En ambos os dous casos se acada o Certificado de Nivel Avanzado (B2). Os alumnos oficiais contan con dúas convocatorias de exame. Os alumnos libres examínanse nunha única convocatoria. Se lle cómpre máis información sobre esta certificación, pode consultar este mesmo apartado e no menú da banda esquerda desta páxina os correspondentes a Avanzado 2, programación, exames e probas de certificación.

1. Definición

O Nivel Avanzado ten como referencia o nivel B2 (Avanzado) do Marco europeo común de referencia para as linguas e supón a capacidade de:

Empregar o idioma con fluidez e naturalidade nunha extensa gama de situacións, comprendendo e producindo “textos” complexos sobre temas xerais ou da propia especialidade, cun bo dominio dun abano cumprido de recursos lingüísticos, non demasiado idiomáticos, que poderá axeitar aos cambios propios da canle e da situación.

2. Obxectivos xerais

Ao longo do Nivel Avanzado o alumno capacitarase en:

  • Comprender, interactuar e expresarse nunha extensa gama de situacións, oralmente e por escrito, cun bo control dos recursos lingüísticos e cun grao de precisión e facilidade que posibilite unha comunicación natural con falantes da lingua.

  • Adquirir un coñecemento máis fondo dos aspectos socioculturais relacionados con esas situacións e axeitar con flexibilidade o rexistro, as actitudes e os acenos a cada situación.

  • Interiorizar os novos recursos lingüísticos, a través da práctica funcional e formal, e reforzar o emprego dos xa coñecidos; reflexionar sobre os seus erros para poder autocorrixirse.

  • Tomar conciencia das estratexias de comunicación e aprendizaxe que máis lle axudan para poder empregalas intencionadamente.

  • Desenvolver autonomía na planificación, realización, avaliación e mellora da súa aprendizaxe.

3. O Nivel Avanzado na nosa Escola

O Nivel Avanzado artéllase en dous cursos académicos, denominados Nivel Avanzado 1 e mais Nivel Avanzado 2.

O Certificado de Nivel Avanzado pódese atinxir sendo alumno oficial ou alumno libre. Para os alumnos oficiais existen dúas convocatorias de exame. Os alumnos libres examínanse nunha única convocatoria.

Non é posíbel examinarse por libre do Nivel Avanzado 1.

 

Ofrecémoslle máis información nas ligazóns da banda esquerda desta páxina.